O
pasado luns 23 de febreiro, no Instituto IES Ollos Grandes,
tivemos o pracer de coñecer a Amanda Díaz Pena, unha psicóloga pertencente á
asociación lucense contra a violencia de xénero e sin ánimo de
lucro: Enriqueta
Otero.
Ela amosounos El
orden de las cosas,
unha curta que visualizamos para comprender máis profundamente a
gravidade e situación da violencia de xénero. Cando acabamos de ver
o vídeo, falamos acerca del, de que nos parecera, do significado que
tiña e do que quería transmitir.
Na
curtametraxe pódese ver unha muller, Xulia, espida dentro dunha
bañeira, a cal representa o maltrato, a incomunicación que
a protagonista vive nesa situación e a falta de intimidade e
liberdade. Ese será o seu escenario ao longo de toda a curta.
Esta obra presenta unha gran carga simbólica e polo tanto agora imos proceder a analizala.
Pasados
uns cantos anos, o cativo xa é un pouco máis grande, ten sobre sete ou
oito anos. O pai continúa buscando o cinto, pero esta vez coa axuda
do seu fillo. Pensando en que está a axudar na busca dun obxecto moi
importante para o seu proxenitor, Marcos entra no cuarto de baño.
Alí atopa a súa nai espida dentro da bañeira e xunto con ela,
mergullado o cinto. El quere avisar ao seu pai, pero mira para a súa
nai, e rapidamente decátase do que está a pasar. É entón cando o
xoguete que leva na man cae e rompe, o que representa a infancia e a
inocencia do neno, que se rompe cando descobre que o seu propio pai a
está a maltratar. Esta escea marca un antes e un despois: a perda da
inocencia e a consciencia da verdade. O seu proxenitor promételle
que o vai arranxar pero non é máis que unha promesa rota, xa que o
xoguete non se move do sitio nin cambia o seu estado en toda a
curtametraxe.
Pasa
o tempo, o fillo trata de axudar a súa nai a escapar, pero o pai
impídello e él, frustrado e impotente, vaise da casa, deixando a
súa nai co seu maltratador. Marcos chama constantemente por teléfono
e segue insistíndolle á súa nai, pero ela non ten forzas para
escapar.
Xa
no final do vídeo, o cuarto de baño comeza a inundarse con Xulia e
o seu xa avellado marido dentro. Nesa precisa escea, repítese a
famosa frase: "El orden de las cosas" posta en boca do
maltratador. Unha vez chea de agua a habitación , Xulia deixa atrás
o seu anel (outra atadura) e comeza a nadar hacia unha praia, que
presenta liberdade. O plano final é sublime, fortemente cargado de
simboloxía; mostra dita praia e unha cadea de bañeiras amarradas na
orilla cos seus respectivos cintos no interior. Estas representan, na
nosa opinión, a liberdade a que puideron acceder moitas mulleres,
mentras que o mar e a auga, esa situación de maltrato na que están
afogadas.
Na
nosa opinión, esta curtametraxe representa á perfección a
situación das mulleres na violencia de xénero.
Esperamos
que vos gustase. Agardamos os vosos comentarios e invitámosvos a
reflexionar sobre a protagonista: é Xulia, é tantas mulleres, é
un concepto, unha personaxe...pero poderías ser ti.
Por último, quereriamos agradecer a Amanda a súa visita, a Alberto López pola súa fotografía , ao canal de ersezar10 polo link do video, pero tamén a todos vós por lernos.
Por último, quereriamos agradecer a Amanda a súa visita, a Alberto López pola súa fotografía , ao canal de ersezar10 polo link do video, pero tamén a todos vós por lernos.
Un
saúdo: Sheila, Víctor e María.